28/03/2011

Cursos de Teceduría e Cestería

Anna e Lluis informan do seguinte:
Tódolos cursos impartense aqui en Cristosende, con horario intensivo, e hai a posibilidade de aloxamiento para persoas que veñen de outras zonas de Galicia.
Cursos de Teceduría e Cestería
Este ano ofrezo varios cursos completos de iniciación á teceduría en tear manual - que incluen un curso especial para tecer con liño e outro, en verán, da técnica tradicional galega de felpa galega, ademais dun curso durante semana santa. Lluis, pola sua parte, ensina cursos de varias técnicas da cestería galega, que incluen - un curso para principiantes e tódolos niveis para facer o preciosos cesto do fiar (un modelo propio da nosa na Ribeira Sacra), ademais de cestería da costa galega, e un novo curso intensivo de verán de bimbio, no que pódese aprender varias técnicas galegas e tamén catalanas.
Novo mercado ecó-arte en Monforte - Tamén quero comentar que, a partir de agora, participamos nun novo rastro en Monforte, cada segundo domingo do mes, o lado do Colexio dos Escolapios. O concepto do rastro é promocionar a idea de antes - a venta de hortalizas, mermeladas, artesanía feita na localidade, a escala pequena. Tamén vendense cousas de segunda mano. Todo un concepto novo (e moi antiguo á sua vez) do comercio local, de pequena escala, e de artesanía local. Pero tamén temos unha nova tenda online - na sección "Compras" en textilesnaturales.com/es.
Enlaces principales -
Cursos de teceduría e cestería tradicional - www.textilesnaturales.com/es/proximos-cursos-3
Novedades de AC Estudio Textil - www.textilesnaturales.com/es

20/10/2010

I Encontro de Intercambio de Sementes

I Encontro de Intercambio de Sementes.-
O sábado 2 de outubro celebrouse en Redondela - Pontevedra, o I Encontro de Intercambio de Sementes, organizado pola Rede Galega para o intercambio de Sementes, que traballan pola recuperación de sementes de hortícolas, locais e antiguas, froiteiras do país e variedades de froiteiras antiguas, e tamén conservan especies forestais autóctonas, así coma os usos tradicionais das diferentes plantas mediciñais.





A U.R.G. estivo con un posto informativo do proxecto, aproveitando a oportunidade para falar e coñecer as xentes de Redondela. O noso carón estivo un posto informativo sobre o proxecto "Misión Biolóxica de Galicia" que traballan na conservación e recuperación de diferentes sementes autóctonas.

08/09/2010

Feira Tradicional dos Remedios - Ponteareas







O sábado 4 de setembro a Universidade Rural Galega estivo na "4 Feira Tradicional dos Remedios " en Ponteareas - Pontevedra.






Houbo unha representación de oficios tradicionais e toda a feira amosou unha volta ao pasado xa que tanto os postos como a xente representamos unha feira de principios de século.






Paula Ares, traballadora do proxecto U.R.G. foi vestida por Carmen de Vilalba cun traxe de diario que constaba de: camisa interior de liño, falda de estopa, mandil de lá, pañoleta , sombreiro e un par de zocos. Dende aquí queremos agradecerlle a Carmen o préstamo do traxe e recoñecer a súa labor como sabedora da vestimenta galega en todos os ámbitos, ademais de ser unha gran deseñadora e modista.

Fixemos, dende o posto da U.R.G., unha demostración do fiado da lá.











Estivo o zoqueiro Tango dende Mondariz.





A Alfarería Añón de Meder fixo unha demostración da elaboración de diferentes pezas















A Asociación de productores e productoras da Galiña de Mos, levou unha representación desta raza que están a recuperar, este posto foi todo un éxito xa que tanto o galo como as galiñas son moi fermosas e de gran tamaño.

















25/08/2010

Feira en Castroverde

V Feira Artesán e Gastronómica do Concello de Castroverde.-
O pasado domingo 22 de agosto a Universidade Rural Galega estivo con un posto informativo na Feira de Castroverde. Xa é o segundo ano que participamos nesta feira na que puidemos ver demostracións de diferentes oficios, oleiría, construcións de panderetas, cestería, teares, ...ademais dun ferreiro e un zoqueiro. Tamén houbo a posibilidade de ver como se destila a nosa augardente.


Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica





19/08/2010

Feira na Ponte de Louzara





Feira na Ponte Louzara – Lugo.-

A Universidade Rural Galega estivo o día 17 de agosto na feira da Ponte de Louzara cun posto informativo do proxecto. Esta feira celébrase todos os anos na mesma data e no mesmo lugar, un souto centenario, que fai que esta feira teña un encanto especial.

Falamos con Antonio cesteiro de Samos .Amosounos a todos e todas a súa arte na elaboración de cestos, neste caso feitos con tiras de salgueiro e brotes de avellano. Un gran mestre da cestería que estivo en diferentes lugares, Tenerife, Tarragona, … ensinando as técnicas e materiais da cestería galega.




Inazio Abreu, carpinteiro de Becerreá, montou o seu torno e fíxonos unha demostración do seu traballo, o cal heredou do seu pai e que él continúa. Contounos que fíxose un torno para poder traballar con pezas de gran tamaño, trouxo algunhas delas para que as puidésemos ver.









Na entrada da feira había unha pequena exposición de potes e un caldeiro, ó carón deles xuntábanse os/as mais maiores lembrando os seus usos.

Ademais dunha mostra de diferentes artesáns e artesás, coiro, cerámica, tecidos en liño e felpa, madeira tallada, … tamén había postos con queixo do Cebreiro, castanas do Caurel e dulces típicos desta comarca.

A todos e todas os/as que este ano non puidéchedes achegarvos , non vos esquenzades da data e do lugar, e para o ano que ven pensade nunca visita a esta feira da Ponte de Louzara.

11/08/2010

Festival de Pardiñas 2010


Un ano máis a Universidade Rural Galega estivo con un posto informativo no Festival de Pardiñas, en Guitiriz.
Celebrouse o 7 e 8 de agosto e como en todas as edicións, foi todo un éxito.
Ademais dos postos de artesáns e artesás, xúntanse en Pardiñas unha gran representación de músicos e luthiers de todo tipo de instrumentos.



Amosamos nesta fotografía unha publicación completísima dos nosos instrumentos, titúlase "Os instrumentos musicais na tradición galega" e o seu autor é Pablo Carpinteiro. Un libro indispensable na biblioteca de todos e todas os/as amantes da nosa música.







Estivemos con Lola Tourón unha gran sabedora de todo tipo de materiais cesteables ademais de ser unha recuperadora e conservadora de técnicas e pezas de diferentes zonas de Galicia. O seu taller chámase Cestería Viva e o último no que está traballando é na elaboración de distintos tipos de cestos a partires de materiais reciclados.




O posto da Universidade Rural Galega énchese de xente no momento que sacamos a lá de ovella, o fuso e a roca. As mulleres de Pardiñas e das parroquias cercanas que se achegaron ata a feira pasan polo noso posto e deixan claro que o que aprenderon e practicaron durante moitos anos non se esquence.


Así foi como Carmen Gómez despois de moitos anos sen coller un fuso demostrounos o seu saber do fiado. Moitas grazas a Carmen e o resto das mulleres que en cada feira nos amosan os seus saberes.


06/08/2010

XVI ALFAROLEIROS 2010





XVI ALFAROLEIROS.Oleiros - A Coruña.



Dende o 4 ao 8 de agosto en Santa Cruz – Oleiros, na provincia da Coruña, vólvense a reunir oleiros de toda a península. A Universidade Rural Galega estivo alí visitando a representación de oleiros de Galicia:

  • María Antelo Gorín. Buño (A Coruña)


  • Tomás López González. Gundivós (Lugo)

  • Agustín Vázquez Ferreiro. Niñodaguia (Ourense)

  • Josefa Lombao Ferro. Bonxe – Outeiro de Rei (Lugo)


Tamén nos interesamos polo traballo do resto dos oleiros chegados de diferentes pobos da península. Chamounos moito a atención as pezas de Marcelino Rodríguez Suárez de Llamas del Mouro – Cangas (Asturias) xa que na oleiría tradicional da súa zona as pezas teñen un color negro – plata, como se fose plomo. Explicounos que cando cocen as pezas, nun momento determinado, cortánlle ao forno a entrada de osíxeno e o barro sufre un proceso quedándolle esa cor tan orixinal.

Vasixas de Josefa Lombao. Bonxe - Lugo







Posto de María Antelo. Buño - A Coruña




Pezas de Tomás González. Gundivós - Lugo.


Agustín Vázquez. "Barro Amarelo", único de Niñodaguia - Ourense


















A nosa mención especial para Marcelino Rodríguez Suárez de Llamas del Mouro – Cangas (Asturias)