19/08/2010

Feira na Ponte de Louzara





Feira na Ponte Louzara – Lugo.-

A Universidade Rural Galega estivo o día 17 de agosto na feira da Ponte de Louzara cun posto informativo do proxecto. Esta feira celébrase todos os anos na mesma data e no mesmo lugar, un souto centenario, que fai que esta feira teña un encanto especial.

Falamos con Antonio cesteiro de Samos .Amosounos a todos e todas a súa arte na elaboración de cestos, neste caso feitos con tiras de salgueiro e brotes de avellano. Un gran mestre da cestería que estivo en diferentes lugares, Tenerife, Tarragona, … ensinando as técnicas e materiais da cestería galega.




Inazio Abreu, carpinteiro de Becerreá, montou o seu torno e fíxonos unha demostración do seu traballo, o cal heredou do seu pai e que él continúa. Contounos que fíxose un torno para poder traballar con pezas de gran tamaño, trouxo algunhas delas para que as puidésemos ver.









Na entrada da feira había unha pequena exposición de potes e un caldeiro, ó carón deles xuntábanse os/as mais maiores lembrando os seus usos.

Ademais dunha mostra de diferentes artesáns e artesás, coiro, cerámica, tecidos en liño e felpa, madeira tallada, … tamén había postos con queixo do Cebreiro, castanas do Caurel e dulces típicos desta comarca.

A todos e todas os/as que este ano non puidéchedes achegarvos , non vos esquenzades da data e do lugar, e para o ano que ven pensade nunca visita a esta feira da Ponte de Louzara.

Sem comentários:

Enviar um comentário