O sábado 4 de setembro a Universidade Rural Galega estivo na "4 Feira Tradicional dos Remedios " en Ponteareas - Pontevedra.
Houbo unha representación de oficios tradicionais e toda a feira amosou unha volta ao pasado xa que tanto os postos como a xente representamos unha feira de principios de século.
Paula Ares, traballadora do proxecto U.R.G. foi vestida por Carmen de Vilalba cun traxe de diario que constaba de: camisa interior de liño, falda de estopa, mandil de lá, pañoleta , sombreiro e un par de zocos. Dende aquí queremos agradecerlle a Carmen o préstamo do traxe e recoñecer a súa labor como sabedora da vestimenta galega en todos os ámbitos, ademais de ser unha gran deseñadora e modista.
Estivo o zoqueiro Tango dende Mondariz.
A Alfarería Añón de Meder fixo unha demostración da elaboración de diferentes pezas
A Asociación de productores e productoras da Galiña de Mos, levou unha representación desta raza que están a recuperar, este posto foi todo un éxito xa que tanto o galo como as galiñas son moi fermosas e de gran tamaño.
Sem comentários:
Enviar um comentário