12/12/2017

Seguimos coa publicación das entrevistas realizadas este ano 2017 pola Universidade Rural Galega en colaboración coa Deputación da Coruña.
“Ganadería Roidiz”
   Proxecto situado na parroquia de Ribadeume no concello de As Pontes. Mantivemos una conversa con Jorge Filgueira, fillo e neto de gandeir@s. Ten una sociedade formada pola sua mai, Mª Elena Bellas e a súa moza, Teresa Molina.
   Dende pequeno soubo que a súa vida profesional sería na gandeiría, o seu avó tiña un posto de monta e tiña preto una queisería que lle mercaba a sua produción de leite, posuía 27 cabezas e como nos contou Jorge, era un home moi atrevido ao que non lle asustaba ser pioneiro, foi o primeiro da zona que fixo un establo para gardar ó gando, isto foi nos anos 70 e claro, marcou tendencia.
   A gandeiría foi crecendo e xa coa súa mai, Mª Elena, chegaron a ter 50 cabezas e agora na actualidade contan con 70 querendo chegar a unhas 100. Na actualidade están nun período de conversión e contan para o ano 2018 ter o certificado en ecolóxico.
- Jorge,¿Por qué decidiches ser gandeiro?
  Sempre o souben. Cando rematei 8º de E.G.B. lémbrome que nos fixeron una proba para saber se éramos mais aptos para estudiar unha F.P. ou B.U.P., eu saín que podería valer para calquera das dúas, pero eu xa o tiña claro. Aínda que tamén sabía que para coidar vacas tiña que formarme e así é que fixen o Ciclo de Explotación agraria extensiva, un módulo de Marketin, outro de Xestión e outro mais de Paisaxes e Medio Rural. É un erro pensar que para coidar vacas vale calquera, hai que saber moitas cousas.
- Fálanos dos momentos no camiño: primeiro dos difíciles, desilusionantes, problemáticos,… e despois dos gratificantes, fermosos, estupendos,…
   O que se me ven á cabeza como momento difícil para nós e para o noso gando foi cando hai uns anos empezou a estenderse a enfermidade que transmiten as carrachas, coñecida como babesia. Foi moi duro xa que trátase dunha enfermidade na que moitos animais non aguantan a medicación e os que a soportan teñen una recuperación moi lenta. Tivemos que recurrir a axudas para estabilizarnos pero había moitos momentos que pensábamos que non íamos poder con ela.
   En canto aos momentos positivos, para mi son moitos e podo dicir que tódolos días, cando nace una becerra, despois de coidala e criala chega á idade na que xa está preparada para parir, vivir ese ciclo faime feliz. Calquera momento é satisfatorio, meterme na fraga, ver bichos,… valorar todo o que me rodea, se non tivera todo iso non houbera elixido estar aquí, diso estou seguro.
- ¿Qué repercusión tivo na zona que vosoutros esteades aí?
   Pois non sabería dicir se o noso traballo fixo algo na zona, aínda que pensándoo ben, o meu avó foi o primeiro en ter un establo e esa idea contaxiou ao resto d@s veciñ@s. Tamén fomos os primeiros en decidir que no verán as vacas estaban mellor quedándose fora a pasala noite, aproveitaban a fresca, isto daquela era una tolería, hasta que comprobouse con feitos que era moi bo. A miña casa foi pioneira no ensilado en bolos, no uso de maquinaria novidosa,… Facemos un sistema de pastoreo orixinario de Francia que se chama Pastoreo Voisin. Todo isto xenera, ao principio moitas críticas, hasta que co paso do tempo demostras que funciona.
- Jorge, según o teu entender, ¿qué camiño ten que seguir o rural para que viva?
   O primeiro que penso e que os e as que vivimos na actualidade no rural temos que producir algo que se teña que recoller tódolos días, abandonar completamente o monocultivo extensivo forestal que está matando o noso entorno.
   Darlle valor ao noso, imprescindible.
   Formarse para poder levar a cabo calquera actividade ou profesión relacionada co rural, non infravalorar os oficios pensando que calquera pode facelos, a ignorancia é moi perigosa.
  Abrirnos a ver e observar outros países onde o campo está vivo e xenera benestar, como por exemplo, Francia, Bélxica, Alemaña,… xa que nos temos un paraíso de entorno e teríamos todo o necesario para logralo.
Contacto “Ganadería Roidiz”:
teléfono: Jorge 606.423.457

  
Entrevista realizada pola: 



En colaboración coa:
       


            

Sem comentários:

Enviar um comentário