Os obxetivos que nos uniron para darlle forma a Universidade Rural Galega e polos que traballamos son:
- Colaborar na recuperación, conservación e difusión dos saberes tradicionais do medio rural.
- Poñer en valor as iniciativas de recollida, conservación e difusión das tradicións rurais.
- Favorecer o recoñecemento e dignificación do medio rural e da súa historia.
- Facer chegar á sociedade toda a riqueza persoal, grupal e etnográfica do medio rural.
- Ser unha rede que facilite a intercomunicación de todos os grupos que cremos na dignidade e no futuro do rural.